As cores máis vigorosas do ano espertan tras o letargo imposto e a climatoloxía ofrece xornadas clementes para espantar a preguiza do recollemento invernal.
Os días máis longos son un aliciente para explorar o litoral e o espazo intermareal do esteiro do río Anllóns e porque non, dar un baño nalgunha das nosas praias!
A luz cálida e as tonalidades ocres configuran un novo escenario sobre o que descubrir como plantas e animais se preparan para o inverno.
Busca unha fiestra que sirva de marco para ver o espectáculo dos temporais ou o lintel dunha porta para ver caer a chuvia e ulir o intenso olor a mar que traen as ondas máis bravas…
As cores do mar
Durante cada estación, o río, o mar, a paisaxe marítima e o espazo intermareal do esteiro do Anllóns ofrecen unha paleta de cores de gran beleza que aumenta, se intensifica e muda coas distintas épocas do ano. Nos días nubrados, cando camiñes polo sistema dunar da enseada da Insua sorprenderaste coa luminosidade que te vai rodear e nas xornadas estivais de máis sol, os raios crearán un bonito e cautivador efecto sobre a agua da xunqueira ou do mar en calma. Queres descubrir todos estes segredos?