Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

06-11-2012

¿Animádesvos a facer a ruta de sendeirismo entre Ponteceso e Corme e descubrir a riqueza ornitolóxica do esteiro do Anllóns?

Garza no esteiro do Anllóns

Se camiñas polo esteiro do Anllóns nun atardecer de outono, poderás ver unha imaxe sorprendente. A de milleiros de aves que se levantan a un tempo como unha gran nube. Esta é unha das épocas do paso migratorio e como contamos na nosa web, o esteiro é un dos mellores puntos de Europa, tras as Illas Británicas e as illas centrais do Atlántico norte, para a observación de aves norteamericanas. ¡Algunhas especies chegan a voar ata 11.000 km sen descansar!

Na altura do Xuncal pequeno atoparás un observatorio ornitolóxico desde o que contemplar especies como o mergullón cincento americano (Podiceps grisegena holboellii), a píldora dourada americana (Pluvialis dominica), o asubiador americano (Anas americana), a cerceta de carolina (Anas carolinensis), ou o pato bóla (Aythya affinis), entre outras.

O espazo intermareal do esteiro do Anllóns, de 1.154 ha de extensión, conta coa protección LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Costa da Morte da Rede Natura 2000 e ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). O feito de que este tramo de costa estea incluído nunha ZEPA xa nos dá unha idea da importancia ornitolóxica do tramo litoral do Concello de Ponteceso.

Neste tramo da ruta Camiño da Ribeira atopás tamén varios códigos QR para ver in situ información ampliada sobre os puntos de interese. Só cun smartphone poderás ver imaxes, vídeos, escoitar audios ou ler textos que che permitirán completar a información do que ves e a túa expericiencia.

Ah! E se tes prismáticos, non os esquezas!

Transporte público

Horario autobuses Corme-A Coruña

A ruta "Camiño da ribeira" (PR-G 148) entre Ponteceso e Corme está marcada nos dous sentidos, polo que os pouco máis de 23 km de distancia entre os dous puntos se poden facer sen risco de perderse. Pero se só se quere facer a ida ata a vila mariñeira e non desprarzar o coche particular ou recurrir a terceiros para facer o traxecto de volta, aquí vos recordavos os horarios dos autobuses (actualizado en novembro de 2012) e o teléfono dos taxis locais.

Autobuses Corme - A Coruña (Autos Vázquez)
Saída de Corme-Porto
T. 981 254 145 / 981 148 470


Taxis Ponteceso (servizo diurno)
Parada na praza do Recheo
T. 981 714 110

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar