Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Ruta Camiño da ribeira

Pedra da Serpe e aldea de Froxán

Pedra da Serpe

Tras pasar por Balarés e o alto do monte da Facha, a ruta de sendeirismo Camiño da Ribeira condúcenos cara á aldea de Gondomil e xusto ao pé da Pedra da Serpe antes de continuar cara á praia da Ermida.  A Pedra da Serpe é un monumento único de grande importancia, orixe descoñecida e datación incerta.

Ampliar información

Praia da Ermida e illa da Estrela

Praia da Ermida

Unha pasarela de madeira conduce directamente á area branca e fina da praia da Ermida, ás súas ondas moderadas e ao sentir o vento do que tamén é posible buscar acubillo baixo o piñeiral da entrada. Desde este punto vese unha bonita panorámica da illa da Estrela.

Ampliar información

Praia do Osmo

Praia do Osmo

Esta é unha praia en forma de media cuncha situada na contorna semiurbana e moi próxima á praia da Arnela e ao núcleo de Corme Porto, ao que se chega seguindo un agradable sendeiro de pedra.

Ampliar información

Praia da Arnela

Praia da Arnela

Moi próxima ao núcleo de Corme Porto e á praia do Osmo por un paseo de pedra que mira ao mar, é ideal para gozar dun ambiente tranquilo e pouco masificado durante a tempada estival

Ampliar información
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar