Ponteceso é a capital municipal do concello e, xunto con Corme, son os núcleos de poboación máis importantes do territorio. É ademais punto de inicio das dúas rutas integradas na iniciativa de dinamización turística “Ponteceso. Os Camiños do Mar”.
Ampliar información
O poeta e bardo de Bergantiños, Eduardo Pondal, naceu nesta vila en 1835, nunha casa señorial a carón do río Anllóns. Un dos seus poemas fala da súa orixe.
Xunto ao actual paseo fluvial do río Anllóns e coincidindo cos últimos cinco quilómetros navegables do cauce, empezamos a recordar parte da historia mariñeira destas augas.
Ampliar informaciónA unión do río Anllóns e do océano Atlántico forma un medio moi productivo e con gran dispoñibilidade de alimento para a fauna que aquí habita. Denomínase esteiro do Anllóns ou enseada da Insua. A ruta de sendeirismo Camiño da Ribeira chega a este punto despois de cruzar o malecón.
Ampliar información