Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Primavera

Primavera no lugar de Froxán

Tras a bravura das xornadas do inverno, a entrada da primavera empezará a temperar ás nubes, ao vento, ao frío e ao mar para permitir aos camiñantes explorar e descubrir as cores máis vigorosas das dúas rutas incluídas nesta iniciativa “Ponteceso. Os Camiños do Mar”.

O sendeiro do Camiño da Ribeira (PR-G 148) farase livián nos días máis soleados mentres a vista do esteiro do río Anllóns e o olor salgado das ondas te acompaña.

E se a opción é a ruta Pondaliana non hai que esquecerse de ir ata a fervenza da Princesa Moura Encantada, preto do lugar de Currás, para ver a auga caer con todo o seu esplendor cara ao Pozo da Señora.

Mariposa na primavera

Sube ata a fervenza e pecha os ollos durante un minuto e pide un desexo non material –isto é moi importante recordalo- co continuo e relaxante caer da auga como son de fondo e baixo o acubillo dunha cúpula de ramas e follas a punto de abrochar.

Se o día está mollado, extrema a precaución ao camiñar.

Ligazóns

Descargas

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar