Julia Haz Barrientos é a presidenta da Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns que se dedica á extracción dun dos manxares con nome propio que se dan no esteiro: o berberecho do Anllóns. Con máis de dúas décadas de experiencia ás súas costas, cóntanos como é o seu traballo reodeados dun espazo natural de gran beleza.