Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

A riqueza botánica do litoral de Ponteceso

  • Flora de Ponteceso
  • Flora de Ponteceso. Carrizo
  • Flora de Ponteceso
  • Flora de Ponteceso. Xuncais
  • Flora de Ponteceso
  • Flora de Ponteceso

O litoral da provincia da Coruña acolle a multitude de especies de plantas características, moitas delas ameazadas, que medran nos peculiares ambientes que a interacción entre o mar e a terra ofrecen, como o do esteiro do Anllóns.

Daphne gnuidium on mariposa

Dende un punto de vista botánico, este tramo da costa de Ponteceso é excepcional pois aquí atópanse poboacións de especies ameazadas como a Omphalodes littoralis subsp. Gallaecica, característica de áreas dunares e que conta na área cunha boa poboación; a Rumex rupestris, coñecida como labaza de ribeira, que se atopa ao borde do mar en lugares moi puntuais; ou a Linaria aguillonensis, de nome común paxariños amarelos, en perigo de extinción e restrinxida a areais e acantilados mariños.

Aínda que máis abondosas, non podemos pasar por alto a gran diversidade botánica que os diferentes hábitats existentes acollen. Destacan as praderías sumerxidas de Zostera (Zostera noltii), a vexetación de marismas con plantas tan interesantes como a espartina (Spartina maritima), o verdello (Salicornia ramosissima), os xuncos (Juncus maritimus), a canaveira (Phragmites australis), a espadana (Scirpus maritimus), etc.

As dunas tamén son lugares cunha vexetación característica e moi valiosa. Na cima do Sistema dunar da enseada da Insua - Dunas da Barra- nas áreas máis consolidadas, medran os feos (Ammophila arenaria) de extensísimas raíces que contribúen a fixar a area. Nesta franxa atópase tamén a cebola das gaivotas (Pancratiummaritimum), o cardo da ribeira (Eryngiummaritimun) ou a carrasca de San Xoán (Otantusmatitimus). Máis próxima ao mar aparecen as leitaregas (Euphorbia paralias) e achegándonos aínda máis atopamos especies que viven realmente preto da auga como Honkenya peploides, a caquile (Cakile maritima).

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar