Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Alí xaz o que fora noutro tempo cantor do eido noso

Ali xaz o que forma noutro tempo cantor do eido noso

Cando xazan do cisne
os febrentos despoxos,
sobre do verde da ribeira escura,
e xa non se ouza o canto harmonïoso,

dádelle sepultura
no promontorio aquel, areoso e vougo,
onde o Anllóns, o seu nativo río,
(que el máis amou de todos),
da peregrinación antiga súa
e do longo traballo acha repouso.

Que diga o mariñeiro,
rudo fillo do Osmo,
ó entrar pola Barra
volvendo o escuro rostro:
«Alí xa o que fora
noutro tempo cantor do eido noso.

Miradoiro sobre o monte Branco

Chegamos ó fin da ruta Pondaliana no alto do monte Branco para atoparnos co mar. Este é un promontorio natural desde o que contemplar unhas inmellorables vistas da contorna, do río Anllóns na súa desembocadura, do sistema dunar da Enseada da Insua, da ría de Corme e Laxe e do océano Atlántico. Fíxate nos pequenos detalles que che farán valorar o camiño andado e se che coincide de chegar aquí co solpor, non deixes pasar o momento para gozar dos últimos raios de sol desaparecer no horizonte avermellado.

Ou se a luz aínda cho permite, aproveita e baixa ata a ribeira por un camiño que chega ás dunas para sumar a tódolos recordos e experiencias vividas o olor do mar de Ponteceso.

O monte Branco é un xigante de area e unha atalaia da paisaxe litoral de Ponteceso. O seu nome vén da capa de area que agatiña pola súa aba e o cobre permanentemente empurrada polos ventos do suroeste.

Eduardo Pondal dedicoulle un poema: 

Monte Branco, monte Branco
Cando te vejo de longe
verto a soas triste pranto

Pois as nosas alegrías
ós dous nos foron fallando
a tí das túas areas
os ventos te despoxano
a min tamén me fallecen
aqueles gustos pasados
¡Ti negreas ¡eu teño a cabeza
chea de cabelos brancos!

Descargas

Vídeos

Audios

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar