Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Berce de persoeiros ilustres e sede de novas iniciativas

  • Fundación Torre-Pujales
  • Busto do Almirante Mourelle
  • Antiga casa do Almirante Mourelle

Nesta ruta de sendeirismo pola ribeira de Ponteceso atoparás a pegada de intrépidos mariños ilustres nacidos nesta terra coma Francisco Mourelle de la Rúa, almirante da Armada española, explorador da costa pacífica e descubridor do arquipélago das illas Vavau; de José María Mosqueira Manso, ocenógrafo e escritor; ou de Francisco Fernández Saleta, mariñeiro preferente. A eles hai que sumarlle a longa lista de historias anónimas de mariñeiros de Corme, de nacemento e de apelido, que navegaron por todos os mares do planeta, dedicados a distintas tarefas: pesca, marisqueo, mercante, petroleiros, plataformas,…

Fundación Torre-Pujales. Rúa Real, 14

Corme tamén foi cuna de artistas como o pintor e escultor Manuel Pailós e hai uns anos, o destino quixo que esta vila mariñeira se convertese en sede da Fundación Torre- Pujales, Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (rúa Real, 14) no que se desenvolve unha variada e intensa actividade cultural na que se quere implicar a toda a Costa da Morte para atraer a estas terras un turismo cultural e de calidade. Sen dúbida, esta casa típica totalmente reformada e adaptada sin vaguedades ao seu contido é un espazo para a creatividade a carón dun mar inspirador. 

Chama a atención subir os tres pisos ata a terraza pola escaleira de caracol deseñada polo arquitecto Carlos Hurtado e feita polo ferreiro da parroquia do Couto, Cándido Cancela. No último andar, ademáis da exposición ao aire libre na que se fai un aceno a Corme, están ás dúas pirámides macladas que xuntan planos iguais e contrapostas. Dezaoito caras de cristal de seguridade suxeitas por tubos de 2 cm que serven de lucernario á chamada Sala de columnas. Este é un amplo espazo de máis de cinco metros de alto onde se alberga as obras de maiores dimensión do museo e que pola súa disposición en forma de anfiteatro inverso, serve tamén de escenario para algunhas actividades culturais.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar