Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Praia da Ermida e illa da Estrela

  • Indicador praia da Ermida
  • Illa da Estrela
  • Praia da Ermida
  • Merendeiro praia da Ermida

A Ermida: praia para o ocio e para a vida

Praia da Hermida

Unha pasarela de madeira conduce directamente á area branca e fina da praia da Ermida, ás súas ondas moderadas e ao sentir o vento do que tamén é posible buscar acubillo baixo o piñeiral da entrada. No verán dispón de todos os servizos e WC adaptados.

Desde este punto vese unha bonita panorámica da illa da Estrela á que se conta, o areal estivo unido por un brazo de area do que só queda a actual praia.

A ruta Camiño da Ribeira chega aquí desde Gondomil (Pedra da Serpe) e continua 1 km pola beiramar entre unha densa paisaxe forestal ata a do Osmo. ¡Parecerache incríble estar andando tan preto do mar!

O complexo dunar na praia da Ermida tamén está incluído nas proteccións LIC (Lugar de Interese Comunitario) Costa da Morte e ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). Un dos valores ecolóxicos deste lugar que se debe respectar é a braña formada polo rego de Guxín. Por eso, evita desplazarte ata a praia por fóra da rampla de madeira.

E adentrándonos na historia e nas crenzas populares, o antropólogo cormelán Manuel Cousillas Rodríguez advírtenos no seu libro "Literatura popular en la Costa de la Muerte" (1998) que se pola noite pasas pola encrucillada que descende dende a praia da Ermida ata o río Cuíñas e as lavandeiras che piden que lles axudes a torcer a roupa, non o fagas!
Podes mudar melgacho e esvarar polo río cara ao mar!

A illa da Estrela

A illa da Estrela

No fondo do val de Gondomil, fronte á praia da Ermida, atópase a illa da Estrela cun pasado que se adentra na Prehistoria.

Nela hai un castro e os restos dunha capela dedicada á Virxe da Estrela. O Luns de Pascua ten lugar unha romaría na igrexa de Santo Hadrián de Corme. Se coincide con mareas vivas, é posible pasar a pé a illa. Na illa atópanse tamén antigas sepulturas de mariñeiros descoñecidos que traia o mar. Os baixos, segundo comentan os submarinistas, son dunha gran fermosura.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar