Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Pedra da Serpe e aldea de Froxán

  • Señal indicadora cara á Pedra da Serpe e Froxán
  • Pedra da Serpe
  • Placa conmemorativa aos Músicos de Froxán
  • Placa conmemorativa aos Músicos de Froxán
  • Pedra da Serpe

Unha serpe alada

Pedra da Serpe con reptil debuxado

Tras pasar por Balarés e o alto do monte da Facha, a ruta de sendeirismo Camiño da Ribeira (PR-G 148) condúcenos cara á aldea de Gondomil e xusto ao pé da Pedra da Serpe antes de continuar cara á praia da Ermida. 

Pedra da Serpe é un monumento único de grande importancia, orixe descoñecida e datación incerta. É un penedo de granito no que se aprecia o relevo dunha serpe alada, algo excepcional no mundo occidental. Sobre ela, unha cruz de factura recente pois a anterior foi derrubada. A existencia deste monumento foi documentada polo arqueólo B. Silvelo no libro “Antigüedades de Galicia” (1875). 

Con independencia da simboloxía da figura, a Pedra da Serpe está rodeada de mitos e lendas. Unha delas únea con Santo Hadrián, patrón destas terras. Contan que foi el o que librou o lugar dunha praga destes reptis petando cun pé no chan e quedando as serpes encantadas debaixo da rocha. Tamén se conta que na próxima praia da Ermida aínda se ven entre a area os tocos das árbores que había na antiga e rica vila de Valverde, que tamén foi queimada polos romanos para escorrentar aos bichos.

Os músicos de Froxán

Placa conmemorativa aos Músicos de Froxán

Desde o lugar no que se atopa a Pedra da Serpe, hai unha estrada que te conducirá ata a aldea de Froxán. Un lugar de interese que merece a pena visitar.

A música está vinculada a este pequeno lugar de casas. 

Unha placa conmemorativa recorda ao 18 músicos que aquí viviron, aprenderon, ensinaron e levaron a música por estas terras e máis aló, sen esquecer dar divertimento aos seus veciños.

A aldea de Froxán, tan ligada á música, tamén deu nome a outro heroe celta creado no imaxinario do poeta Eduardo Pondal e ata o s. XVIII albergou a igrexa de Santo Hadrián de Corme ou San Hadrián Vello.


Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar