Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Verán

Praia do Osmo

A amplitude dos días brinda máis tempo para explorar nunha soa xornada o litoral costeiro de Ponteceso e o espazo intermareal do esteiro do río Anllóns.

A sombra e o lugar para repoñer forzas ofrecerancho as áreas recreativas que se atopan a carón das praias polas que pasa a ruta de sendeirismo Camiño da Ribeira (PR-G 148): Balarés, A Ermida ou os recunchos máis frescos das do Osmo ou da Arnela. 

Outra opción é bañarse no remanso que forma o mar ao entrar na praia de Niñóns e que se coñece popularmente como “o lago”.

Tamén hai mesas e bancos no camiño cara o cabo Roncudo, xusto á beira do cantís para mirara cara ao agreste mar da Costa da Morte.

Praia de Balarés

O calor do sol tamén te invitará a un baño nestas augas de cor turquesa e cando chegue o frescor da tarde, este pode ser o momento para percorrer os pasos do poeta e bardo Eduardo Pondal a carón da ruta Pondaliana.

No ir e vir pola ribeira, verás que os pescadores aproveitan a marea baixa para recoller senrada -cebo para pescar- e alta, para pescar robaliza. E entre un e outro momento, seguro que te preguntas:
onde foi toda a auga?

Os cambios da paisaxe coas mareas non te han deixar indiferente.

Ligazóns

Descargas

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar