Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Your experience

Lucía      09-04-2013

Moitas veces visitei a vila de Ponteceso, pero dende que descubrín a web de "Ponteceso. Os camiños do mar" véxoa con outros ollos. Por iso tiña ganas de voltar alí, e o fixen este sábado santo. Foi o único día das vacacións que non choveu, é mais, fixo unha boa temperatura, e o sol brilaba de tal maneira que se reflexaba nas augas da enseada coma se éste fora un espello.

Non ía de sendeirista, así que non me animei a facer ningunha das rutas que dende aquí propoñedes, pero é cuestión de tempo. Téñoo en axenda para cando comence o bo tempo. Aínda así puiden disfrutar da paisaxe que ofrece o esteiro do Anllóns, a enseada da Ínsua, o monte da Facha... e alá ao fondo praias tan brancas e fermosas coma son a de Balarés, a da Ermida ou a da Arnela antes de chegar ao porto e o faro do Roncudo en Corme.

Agora solo queda calzarse unhas boas botas e camiñar por esas rutas "da Ribeira" e "Pondaliana" para ver de primeira man a riqueza natural e patrimonial coa que conta Ponteceso, e levar a cámara de fotos para captar a súa beleza, e por suposto compartila con vos no facebook de "Ponteceso. Os Camiños do Mar".

Juan      06-04-2013

Hice la ruta en Semana Santa. Muy bien indicado y un paseo con vistas y lugares impresionantes. Vale la pena hacer esta ruta.

Noelia      15-11-2012

Xa fixen a ruta "Camiño da ribeira 2 dúas veces. A primeira, a principios de agosto de 2012 e a segunda, a finais de outubro deste mesmo ano e a verdade ¡nas dúas ocasións foi espectacular descubrir esta zona do concello de Ponteceso!

Teño ido e pasado centos de veces pola vila Ponteceso e por Corme, pero descoñecía este camiño que une as dúas localidades pola ribeira e pola costa. Sinceramente, foi toda unha sorpresa e as vistas, excepcionais. Supoño que por esto os pouco máis de 11 km fanse liviáns, aparte de que é unha ruta de dificultade media-baixa. Encantoume pasear polo malecón vendo os xuncais asolagados ou secos, dependendo da marea ¡Non sabía que neste lugar, ó que tamén se lle chama Agra de Mares, ata os anos 70-80, eran leiras de moi bo millo! Outro dos momentos que máis disfrutei foi no tramo que vai desde o Xuncal Pequeno -onde está o observatorio ornitolóxico- ata o alto das dunas e de alí, á praia de Balarés. Nunha das ocasións, cadroume de ir con marea baixa e quedei coas ganas de baixar ata a praia da Barra de e cruzar andando ata a illa da Tiñosa como facía un pescador ó lonxe. ¡Que se pode facer aínda que non o pareza! Desde logo, ¡é un pendente para a miña próxima visita a Ponteceso!

Por certo, opino igual có xornalista Cristóbal Ramírez cando di no seu blog que as Dunas da Barra, que separan a ría de Corme e Laxe "das augas dóces do río Anllóns, son un dos cen lugares que todo galego debe coñecer". Para panorámicas a vista de paxaro, nada mellor que subir ó mirado do monte Branco co día despexado.

Saúdos,
Noelia

Add post







  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar