Tras pasar por Balarés e o alto do monte da Facha, a ruta de sendeirismo Camiño da Ribeira condúcenos cara á aldea de Gondomil e xusto ao pé da Pedra da Serpe antes de continuar cara á praia da Ermida. A Pedra da Serpe é un monumento único de grande importancia, orixe descoñecida e datación incerta.
Ampliar informaciónUnha pasarela de madeira conduce directamente á area branca e fina da praia da Ermida, ás súas ondas moderadas e ao sentir o vento do que tamén é posible buscar acubillo baixo o piñeiral da entrada. Desde este punto vese unha bonita panorámica da illa da Estrela.
Ampliar informaciónEsta é unha praia en forma de media cuncha situada na contorna semiurbana e moi próxima á praia da Arnela e ao núcleo de Corme Porto, ao que se chega seguindo un agradable sendeiro de pedra.
Ampliar informaciónMoi próxima ao núcleo de Corme Porto e á praia do Osmo por un paseo de pedra que mira ao mar, é ideal para gozar dun ambiente tranquilo e pouco masificado durante a tempada estival
Ampliar información