Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Outono

Paseo fluvial no Outono

Se camiñas polo esteiro do Anllóns nun atardecer de outono, poderás ver unha imaxe sorprendente. A de milleiros de aves que se levantan a un tempo como unha gran nube.

O espazo intermareal do esteiro do Anllóns, de 1.154 ha de extensión, conta coa protección LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Costa da Morte da Rede Natura 2000 e ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves).

Ata a illa dos Cagallóns chegan aves migratorias do continente americano.

¡Algunhas especies chegan a voar ata 11.000 km sen descansar!


Observatorio ornitolóxico Eduardo Pondal

Seguindo a ruta Camiño da Ribeira (PR-G 148), despois de cruzar o malecón, chegarás ao observatorio ornitolóxico Eduardo Pondal, situado a carón do “Xuncal pequeno” e en dirección ao sistema dunar da enseada da Insua.

O observatorio é un excelente lugar para facer unha pequena parada e intentar descubrir píllaras das dunas, varias especies de parrulos, mazaricos reais, corvos mariños ou unha curiosa planta en perigo de extinción con nome de paxaro, os paxariños amarelos.

¡Non esquezas os prismáticos!

Ligazóns

Descargas

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar