Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Entrada do malecón: antigo porto comercial

  • Paseo fluvial
  • Gabarra Ramón Piñeiro (cedida por jrvarela.net)
  • Paseo fluvial
  • Barcos Encarna, con madeira (cedida por jrvarela.net)
  • Paseo fluvial
  • Paseo fluvial

Xunto ao actual paseo fluvial do río Anllóns e coincidindo cos últimos cinco quilómetros navegables da canle, comezamos a recordar parte da historia mariñeira destas augas.

Barco cargando madeira no porto do río Anllóns

A carón do río Anllóns naceu Eduardo Pondal, o gran poeta galego do Rexurdimento, coñecido por ser o autor da letra do himno de Galicia. O seu irmán, Cesáreo Pondal, foi un home clave no desenvolvemento do territorio. Aquí, ao lado da casa familiar habilitou un porto ata onde chegaban os barcos veleiros que remontaban a desembocadura do Anllóns e a entrada da ría de Corme e Laxe como recorda Jaime Valdés Parga, herdeiro da familia e autor do libro "Ponteceso, el nacimiento de un pueblo". Podes ver o vídeo a continuación.

Ata mediados do pasado século, Ponteceso era porto de chegada de pequenos barcos de cabotaxe que traían mercadorías e que partían deste punto da terra cargados de cereais, madeiras ou minerais, entre outros. 

Castelos de táboas onda o río Anllóns

Na posguerra, os madereiros portugueses introduciron a explotación do piñeiro na zona. Os bosques de Bergantiños daban abundante materia prima que se distribuía a toda España desde o porto de Corme. Estes castelos de táboas constitúen unha lembranza da época dourada, cando nesta vila de Ponteceso había dezanove serradoiros a vapor e dous eléctricos.

A entrada do malecón (dique de terra e pedra) tamén era punto de encontro para as gabarras, embarcacións de madeira a motor. Sobre elas sacábase area do leito do río para despois secala nos depósitos situados nas marxes da ribeira. Aínda hoxe se poden ver os restos dalgún, así como as vellas bitas de ferro nas que se amarraban as barcas. 

Ata hai poucos anos, durante a tempada de inverno e coincidindo coa enchedura da marea, neste tramo era frecuente ver aos anguleiros afeccionados que collían angulas nas noites máis frías do inverno ou solla con métodos tradicionais como a estacada e a fisga. O teu camiño polo malecón estará franqueado tamargueiras, uns arbustos que resisten moi ben os duras condicións climatolóxicas.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar